Fabas pintas

Ingredientes:

Fabas pintas en remollo dende o día anterior, cabaciña, pemento morrón, cenoria, allo, allo porro, pataca, pemento doce, aceite de oliva virxe extra, auga.






Elaboración


  1. Poñer un pouco de aceite nunha tarteira, engadir todas as verduras peladas en anacos grandes. Deixar facer durante uns 5 minutos.
  2. Engadir as fabas e a auga na que estiveron amolecendo. Engadir máis auga se é necesario, a auga debe quedar uns tres ou catro dedos por enriba das fabas.
  3. Deixar cocer a lume lento ata que as fabas estean case feitas.
  4. Sacar as verduras a un vaso, engadir un pouco de caldo e triturar. Engadir o puré outra vez á tarteira. Deixar cocer ata que as fabas estean totalmente feitas.
  5. Botar sal e pemento doce. Deixar cocer uns 5 minutos.




Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 1 hora e media.

Comentarios