Biscoito de laranxa e chocolate

Ingredientes:

1 ovo enteiro e 3 xemas, 220 g de fariña sen glute (Adpan), 220 g de azucre, 90 g de aceite de oliva virxe suave ( ou de xirasol), 1 iogurt natural, 1 laranxa, 100 g de chocolate sen glute, un pouquiño de sal, 8 g de lévedo de repostaría, azucre glas para cubrir.




Elaboración:


  1. Acender o forno a 180ºC, enriba e embaixo.
  2. Poñer o ovo, as xemas e o azucre na batedora, comezar a bater coas varas.
  3. Relar a pel da laranxa, reservar. Pelar a laranxa sen que queda nada da pel branca, cortar en anacos pequenos.
  4. Engadir a laranxa e a pel relada á batedora, seguir batendo.
  5. Engadir o aceite e o iogurt, cando estean ben mesturados engadir a fariña e o lévedo.
  6. Bater ata que toda a fariña estea ben mesturada.
  7. Poñer a metade da masa nun molde (23 cm) untado de manteiga e enfariñado ou de silicona.
  8. Cortar o chocolate en anacos pequenos e distribuír por enriba da masa.
  9. Botar a segunda metade da masa no molde.
  10. Meter no forno uns 35 minutos.
  11. Deixar temperar no molde, logo sacalo e cubrir con azucre glas.



Adaptada sen glute de "Webos fritos"


Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 55 minutos.

Comentarios