Pasteliños de verduras e langostinos

Ingredientes:

200 g de langostinos pelados, 2 cenorias, 1 cebola mediana, 3 pementos do piquillo, 3 ovos, 200 g de leite evaporado, sal, pementa negra moída, aceite de oliva virxe extra.




Elaboración:


  1. Acender o forno a 200ºC e poñer unha bandexa con auga.
  2. Picar, moi fina, a cebola e poñela ao lume nunha tixola cun pouco de aceite.
  3. Picar as cenorias e os pementos, reservar.
  4. Cando a cebola estea transparente engadir as cenorias e os pementos picados á tixola, remexer e deixar facer uns 15 minutos volver a remexer de cando en vez.
  5. Bater os ovos, engadir o leite. 
  6. Engadir as verduras pochadas e os langostinos, botar sal e pementa negra. Remexer.
  7. Botar a mestura en moldes pequenos de silicona, repartindo os langostinos por igual entre os moldes.
  8. Meter no forno, na bandexa con auga, durante 25 minutos. Antes de sacar comprobar que estean feitos pinchando cun coitelo que ten que saír limpo.




Suxestións: Servir cun pouco de maionesa, ali-oli ou vinagreta.

Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado:1 hora.

Comentarios