Osso buco en salsa de laranxa

Ingredientes:

2 osso bucos, 1 allo porro, 1 cenoria, 1 cebola, 2 dentes de allo, 45 g de brandy, 200 g de viño branco (Verdejo), 200 g de zume de laranxa, a pel relada dunha laranxa, sal, aceite de oliva virxe extra, pementa negra moída.




Elaboración:


  1. Picar todas as verduras finamente.
  2. Poñer o aceite nunha tarteira, quentar.
  3. Pasar a carne no aceite quente  polos dous lados ata que colla cor. Retirar a carne e reservar.
  4. No mesmo aceite engadir as verduras, remexer e deixalas facer ao lume lento.
  5. Cando a cebola empece a estar transparente engadir a carne.
  6. Engadir á tarteira o brandy, o viño, o zume de laranxa e a pel de laranxa.
  7. Botar un pouco de sal e pementa negra moída.
  8. Deixar facer ao lume lento uns 50 minutos, ata que a carne estea tenra.
  9. Sacar a carne e pasar as verduras pola batedora.
  10. Poñer a salsa na tarteira, rectificar o sal e a pementa, e volver a engadir a carne.
  11. Deixar ferver uns minutos.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora e 15 minutos.

Comentarios