Leite frito sen glute

Ingredientes:

70 g de maizena, 75 g de azucre, 500 g de leite, un pau de canela, unhas dúas ou tres tiras de pel de limón, 2 ovos e un pouco de maicena para envolver.




Elaboración:


  1. Disolver a maicena en 100 g de leite frío e reservar.
  2. Poñer nun cazo, ao lume, o resto do leite, o pau da canela e a pel de limón.
  3. Cando comece a ferver engadir a maicena disolta e remexer durante 5 minutos aproximadamente.
  4. Retirar do lume, sacar da masa a canela e o limón.
  5. Estender a masa nun recipiente axeitado e deixar arrefriar un par de horas.
  6. Cortar en anacos cadrados a masa, pasala por maizena e ovo batido e fritir.
  7. Poñer sobre papel de cociña para que absorba o aceite.
  8. Pasar a unha fonte e botar por enriba azucre e canela.





Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 45 minutos (máis o tempo que ten que arrefriar a masa) 

Comentarios