Ingredientes:
Para as filloas: 2 ovos, 100 g de fariña sen glute (Adpan), 125 g de leite, 120 g de auga, media culleriña de azucre, un pouquiño de manteiga para untar a filloeira.Para a crema de chocolate e laranxa: 150 g de chocolate negro (64%) para fundir, 250 g de leite, 25 g de azucre, 35 g de maizena, dúas xemas de ovo, a pel dunha laranxa relada moi finiña.
Elaboración:
- Para as filloas:
- Bater o ovo, engadir a fariña e remexer ben, engadir o leite, a auga e o azucre, remexer ben. Se queda algún grumo coar a mestura.
- Poñer ao lume a filloeira, untar cun pouquiño de manteiga.
- Cando a filloeira estea ben quente botar un pouquiño da mestura inclinándoa para que a filloa quede fina.
- Cando os bordos da filloa empezan a coller cor, dar volta deixar uns segundos e pasar a filloa a un prato.
- Repetir ata terminar a mestura.
- Crema de Chocolate e laranxa:
- Poñer o leite a quentar nun cazo, engadir o chocolate.
- Mesturar as xemas o azucre e a maizena con dúas culleres de leite, remexer ben e reservar.
- Cando o chocolate estea fundido e mesturado co leite coller un pouco da mestura e engadila á mestura de xemas, remexer.
- Botar a mestura anterior ao cazo co leite e chocolate e remexer ata que a crema espese.
- Retirar do lume e engadir a pel de laranxa relada.
- Deixar arrefriar e tapar con film pegado á crema para que non se seque.
- Montaxe:
Servir as filloas acompañadas da crema de chocolate.
Dificultade: Fácil:
Tempo aproximado: 1 hora.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión