Fabóns con vexetais

Ingredientes:

Fabóns, cebola, pemento verde, pemento vermello, aceite de oliva virxe extra, pemento doce da Vera, sal, perexil.


Elaboración:


  1. Picar a cebola e os pementos. Poñer todo nunha tarteira cun pouco de aceite ao lume suave.
  2. Cando a cebola estea transparente engadir os fabóns, remexer.
  3. Engadir auga ata dous dedos por enriba dos fabóns e deixar cocer ao lume suave, durante dúas horas, remexendo cada pouco.
  4. Cada os fabóns estean case feitos engadir un poco de pemento doce e o sal.
  5. Ao servir botar un pouco de perexil picado por enriba.



Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 2 horas

Comentarios