Arroz con leite e ananás á prancha

Ingredientes:

125 g de arroz redondo, 200 g de auga, 300 g de leite, 150 g de leite evaporado, 115 g de azucre, un pau de canela, ananás natural.





Elaboración:


  1. Poñer a ferver nunha tarteira o arroz coa auga.
  2. Engadir os dous leites ao dimuir a auga.
  3. Engadir o pau de canela e o azucre.
  4. Deixar cocer a lume suave remexendo con frecuencia ata que o arroz estea feito.
  5. Cortar a ananás en rectángulos máis ben finos.
  6. Poñer os trozos de ananás nunha tixola cun pouco de auga e azucre moreno. Quentar ao lume medio.
  7. Cando a ananás comeza a caramelizar retirar do lume.
  8. Servir a ananás xunto co arroz con leite.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 35 minutos.

Comentarios