Ingredientes:
140 g de lacón do cocido moi picado (ou outra carne empregada no cocido), 120 g de gichos do cocido ( ou a verdura empregada no cocido), 40 g de manteiga, 55 g de maizena, 700 g de leite, pementa moída.Para envolver as croquetas: 4 ovos, pan relado sen glute e Crunchy Crumbs*.
*Quedan máis crocantes, pero pode usarse pan relado.
Elaboración:
- Poñer a manteiga nunha tarteira ao lume suave. Cando estea derretida engadir o lacón e os gichos e remexer, deixar que volva a coller calor.
- Engadir á tarteira o leite reservando medio vaso pequeno. Deixar que comece a ferver.
- Disolver a maicena no leite reservado antes.
- Cando o leite da tarteira estea fervendo engadir a maizena disolta.
- Engadir a pementa moída.
- Remexer durante 15 minutos. Probar e rectificar o sal.
- Deixar arrefriar.
- Pasar a bechamel fría a unha manga pasteleira e facer "curros" sobre un bandexa cuberta de pan relado.
- Deixar repousar na neveira durante dúas ou tres horas.
- Cortar as croquetas e envolvelas pasándoas por pan relado, ovo e Crunchy Crumbs, nesta orde.
Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 30 minutos ( máis o repouso e o tempo para envolver as croquetas)
Me gusta todo lo que sea "aprovechamiento" de restos y estas croquetas tienen un aspecto delicioso y tierno.
ResponderEliminarLa verdad que estaban riquísimas, me dan ganas de hacer un cocido solo para repetirlas.
Eliminar