Ingredientes:
500 g de garavanzos cocidos, 300 g de gichos* que sobraron do cocido (ou de outra verdura que se utilizou para o cocido), 160 g de xarrete que sobrou do cocido (ou outro tipo de carne do cocido), unha cebola, aceite virxe extra, pemento doce da Vera.*Gichos: os brotes máis tenros do repolo.
Elaboración:
- Picar a carne co coitelo e reservar.
- Picar moi fina a cebola e poñela nunha tarteira co aceite ao lume suave.
- Cando a cebola estea transparente engadir a carne picada e remexer.
- Engadir a verdura e os garavanzos e remexer.
- Botar un pouco de auga de cocer os garavanzos e unha culleriña pequena de pemento doce. Remexer e deixar cocer a lume suave uns 15 minutos.
Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión