Xabarín guisado

Ingredientes:

400 g de carne de xabarín adobada*, 1 cebola, 2 cenorias, medio pemento verde, 1 tomate, 100 g de auga, 200 g de viño tinto, aceite de oliva virxe extra.



*A venden así en grandes superficies.


Elaboración:


  1. Poñer nunha tixola un pouco de aceite e cando estea quente saltear os anacos de carne. Retirar a carne da tixola e reservar.
  2. Picar moi picadiñas todas as verduras e poñelas a pochar na tixola onde se salteou a carne.
  3. Poñer unha tarteira a carne, a auga e o viño. A carne ten que quedar cuberta polo líquido. Poñer ao lume moi suave durante unha hora.
  4. Transcorrida a hora pasar as verduras ben pochadas pola batedora e engadir á tarteira.
  5. Deixar ao lume suave durante outra hora.
  6. A carne estará feita cando poida desfacerse cun garfo. A salsa quedará espesa.




Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 2 horas e media.

Comentarios