Verdura gratinada

Ingredientes:
1/2 cabaciña, 1 cebola, catro patacas pequenas, un bote pequeno de pementos do "piquillo", 2 dentes de allo, aceite de oliva virxe extra, sal, herbas provenzais, pan relado (ou Crunchy Crumbssen glute e queixo parmesano relado.




Elaboración:

  1. Lavar e cortar todas as verduras.
  2. Poñer nunha fonte do forno.
  3. Botar por enriba sal, herbas provenzais e o aceite.
  4. Remexer e tapar con papel de aluminio.
  5. Meter no forno a 200ºC.
  6. Cando as patacas estean feitas, tardarán aproximadamente 40 minutos,sácase do forno.
  7. Pasar a verdura á fonte onde van servirse e que poida meterse no forno.
  8. Engadir o queixo parmesano e remexer.
  9. Botar por enriba o pan relado e máis queixo.
  10. Meter no forno co grill acendido.
  11. Retirar cando a capa superior estea tostada.





Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 1 hora.

Comentarios