Pescada á prancha con aceite de azafrán

Ingredientes:

Lombos de pescada (200 g por persoa), patacas medianas (2 por persoa), espárragos trigueiros, aceite de oliva virxe extra, azafrán moído, sal maldon.




Elaboración:


  1. Salgar os lombos de pescada.
  2. Lavar as patacas e cortalas á metade.
  3. Poñer as patacas nunha fonte de forno, botarlles un pouquiño de sal e un pouco de aceite.
  4. Tapar a fonte con papel de aluminio e meter ao forno a 200ºC.
  5. Ao cabo de 30 minutos comprobar se están feitas e calcular o tempo que lles falta. O tempo que tardan en facerse as patacas dependerá da súa variedade e tamaño.
  6. Cortar as puntas dos espárragos.
  7. Poñer, nunha tarteira, auga a ferver.
  8. Preparar un bol con auga e xeo.
  9. Cando a auga da tarteira comece a ferver engadir oa espárragos e deixalos cocendo 1 minuto.
  10. Sacar os espárragos e botalos na auga con xeo. Reservar.
  11. Quentar a prancha cun pouquiño de aceite para facer o peixe.
  12. Colocar os lombos sobre a prancha ata que estean feitos.
  13. Nun cazo pequeno botar un pouco de aceite e quentalo ata que estea morno, entón engadir o azafrán e deixar repousar fóra do lume.
  14. Poñer nun prato o peixe, as patacas e os espárragos. Poñer enriba das patacas unhas escamas de sal maldon e botar por enriba dela e do peixe o aceite con azafrán.




Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 45 minutos (dependerá do tipo e tamaño das patacas).

Comentarios