Mini "pizzas" de morcilla de arroz

Ingredientes:

5 tortillas pequenas de millo sen glute, unha lata de tomate natural triturado, tres pementos do "piquillo", 175 g morcillas de  arroz sen glute, queixo mozzarella relado. Ourego e pementa negra moída.




Elaboración:


  1. Poñer nunha tixola ao lume o tomate triturado e deixar reducir ata ter un salsa espesa, engadir unha pizca de ourego e pementa negra moída.
  2. Picar os pementos en anacos pequenos.
  3. Quitar a pel á morcilla e desfacela.
  4. Mesturar a morcilla e os pementos e poñela nunha tixola. Poñer ao lume e remexer.
  5. Na bandexa do forno, cuberta con papel, poñer as tortillas.
  6. Botar unha culler do tomate en cada tortilla e estendelo.
  7. Repartir en cada tortilla, por enriba do tomate, a morcilla e os pementos.
  8. Botar o queixo relado enriba de cada tortilla.
  9. Meter a bandexa no forno a 200ºC, e sacar cando o queixo comece a coller cor.


Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.

Comentarios