Canelóns de cabaza

Ingredientes:

3 follas de pasta para lasaña sen glute*, 500 g de cabaza, 1 cenoira, a parte branca dun allo porro, catro chalotas, unha culleriña de curry, media culleriña de cúrcuma, pementa moída, unhas gotas de tabasco, sal, aceite de oliva virxe extra, queixo mozzarella relado.
Para a bechamel:200g de leite, 25 g de manteiga, 7 g de maicena.
*Non coñezo ningunha pasta de canelóns sen glute. Unha vez cocida a pasta de lasaña, cortala á metade para facer os canelóns.



Elaboración:


  1. Cocer a pasta segundo as indicacións do fabricante.
  2. Picar, moi picadiño, o allo porro e as chalotas, poñer todo nunha tarteira, cun pouco de aceite, ao lume.
  3. Pelar e cortar a cabaza en anacos pequenos.
  4. Pelar e cortar a cenoria en anacos pequenos.
  5. Engadir á tarteira a cabaza e a cenoria, remexer e deixar facer a lume suave.
  6. Cando a cabaza estea feita engadir o curry, a cúrcuma, o sal e catro pingas de tabasco.
  7. Deixar arrefriar.
  8. Bechamel: Disolver a maicena nun pouco de leite frío.
  9. Poñer o leite nun cazo xunto coa manteiga e ferver. 
  10. Cando o leite estea fervendo botar a maicena disolta e remexer. Engadir o sal e a pementa ao gusto. Deixar cocer uns minutos, remexendo de cando en vez. Reservar.
  11. Facer os canelóns coa crema de cabaza.
  12. Nunha fonte para forno poñer un pouco de bechamel no fondo, ir colocando os canelóns a medida que se van facendo.
  13. Botar por enriba dos canelóns máis bechamel e o queixo.
  14. Meter no forno a gratinar.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora e 15 minutos.

Comentarios