Roliños de polo con froitos secos

Ingredientes:

Dúas peitugas de polo, unha cebola grande, un allo porro, un vaso de caldo de polo, medio vaso pequeno de Pedro Ximénez, unha presa de uvas pasas, unha presa de ameixas pasas. unha presa de albaricoques pasos, unha presa de piñóns, un pouquiño de brandy, un bote de pexegos en xarope,  aceite virxe extra, sal , pementa negra moida.



Elaboración:

  1. Poñer todos os froitos, agás os piñóns a remollo no brandy.
  2. Cortar a cebola e o allo porro en xuliana e poñelos a pochar, nunha tarteira cun pouquiño de aceite.
  3. Abrir as peitugas e poñer no medio os froitos, facer rolo ben apertado, envolver en film de cocina.
  4. Cociñar os rolos de peitugas ao vapor durante 30 ou 45 minutos.
  5. Cando a cebola e o porro estean pochados engadir os piñóns, o Pedro Ximénez e o caldo. Remexer e deixar ferver uns 10 minutos.
  6. Pasar a salsa pola batedora de man, ten que quedar espesa.
  7. Deixar as peitugas arrefriar e despois cortar en toros  de 1 cm de grosor.
  8. Cortar en dados uns anacos de pexego en xarope e de ameixa pasa. Quentalos un pouco nunha tixola a lume suave.
  9. Servir os toros de peituga coa salsa e cos anaquiños de pexego e ameixa.




Recollida en Webos fritos.

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora.


Comentarios