Pastel de pescada e salmón

Ingredientes:

400 g de salmón afumado, 200 g de gambas, 300 g de pescada, 1 pataca mediana, unha presa de olivas, unha presa de cogombriños en vinagre, maionesa (mellor caseira), 1 ovo, aceite de oliva virxe extra, 1 dente de allo, 1anaco pequeno de chile picante.



Elaboración:

  1. Utilizar un molde (ou calquera recipiente alto) de aproximadamente 18* cm de diámetro.
  2. Untar as paredes do molde con aceite.
  3. Cortar un anaco de film que cubra todo o interior do molde e que saia polos bordos. Untar de aceite o anaco de film e forrar o molde con el.
  4. Cubrir o interior do molde coas talladas de salmón afumado, que quede todo ben cuberto e sobresaíndo polos bordos para logo pechar o pastel.
  5. Cocer a pataca cun pouquiño de sal cortada en cubiños.
  6. Meter a pescada no forno, cun poquiño de sal e aceite a 160ºC, cando estea feita deixala arrefriar e esnaquizala.
  7. Poñer as gambas nunha tixola cun pouquiño de sal, o allo picado e o anaco de chile picante deixalas arrefriar, pelalas e cortalas en dous ou tres anacos.
  8. Cocer o ovo, deixalo arrefriar e picalo moi picadiño.
  9. Picar as olivas e os cogombriños en vinagre.
  10. Mesturar todos os ingredientes, engadir unhas dúas ou tres culleres de maionesa.
  11. Poñer no fondo do molde unha capa de patacas e engadir un pouquiño de aceite.
  12. Engadir a mestura dos demais ingredientes por enriba da pataca.
  13. Pechar o pastel co salmón que quedou colgando polos bordos, se é necesario, para que quede ben pechado, poñer algunha tallada máis de salmón.
  14. Deixar repousando na neveira.
  15. Poñer o prato para servir enriba do molde e darlle a volta, retirar o film e decorar.
*Pode facerse en moldes máis pequenos para facer pasteis indivuduais



Adaptada de Webos fritos.

Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 45 minutos.


Comentarios