Ensalada de perdiz escabechada

Ingredientes:

Ensalada variada de brotes tenros, migas de perdiz escabechada, froitos vermellos (framboesa, arandos,...), sal Maldon, vinagre de Xerez, aceite de oliva virxe extra variedade arbequina.






Elaboración:

  1. Colocar as migas de perdiz no centro do prato.
  2. Poñer a ensalada nun recipiente para aliñala, engadir o sal, o vinagre e o aceite. Remexer coas mans.
  3. Poñer a ensalada aliñada ao redor da perdiz escabechada. 
  4. Engadir por enriba da ensalada os froitos vermellos.








Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 10 minutos.