Croquetas de perdiz escabechada


Ingredientes:

200 g de migas de perdiz escabechada, 80 g de maizena, 400 g de leite, 100 g do líquido do escabeche, 40 g de manteiga, unha chalota ou dúas se son pequenas, sal e pementa negra moída. Para o rebozado: ovos, pan relado sen glute (Adpan),  Crunchy Crumbs*.




*Quedan máis crocantes, pero pode usarse pan relado.

Elaboración:

  1. Poñer nunha tarteira, a lume medio, a manteiga, cando estea fundida engadir a cebola moi picadiña.
  2. Cando a cebola estea transparente engadir a maizena e remexer.
  3. Engadir, aos poucos, o leite, sen parar de remexer.
  4. Engadir, aos poucos, o escabeche, sen parar de remexer.
  5. Engadir as migas de perdiz moi picadiñas.
  6. Probar e rectificar o sal, engadir un pouco de pementa.
  7. Cando a masa estea ben espesa retirar do lume e pasar a unha fonte. Deixar enfriar e meter na neveira ata que se envolvan.
  8. Para envolvelar: darlles forma, coa man, con dúas culleres, etc, pasar por pan relado, ovo batido e Crunchy Crumbs.
  9. Logo fritir en abundante aceite moi quente.


Dificultade: Media
Tempo aproximado: 30 minutos (máis o tempo do rebozado)


Comentarios