Crema ou "natillas"

Ingredientes:

500 g de leite, 4 ovos, 1 limón, un pau de canela, 75 g de azucre, canela en po.





Elaboración:


  1. Separar as claras das xemas. As claras serven para outra preparación, poden conxelarse.
  2. Cortar a pel de medio limón, tendo coidado de non coller a parte branca.
  3. Poñer a cocer nun cazo o leite, a pel de limón e o pau de canela.
  4. Mentres nun bol mesturar as xemas e o azucre.
  5. Cando o leite comece a estar quente botar, moi despaciño, un pouco nas xemas co azucre, remexendo, para que non callen.
  6. Botar a mestura das xemas no cazo e baixar o lume, para que a mestura non chegue a ferver.
  7. Remexer continuamente ata que a crema espese, pode ser unha media hora.
  8. Coar a crema e verter nuns vasos.
  9. Deixar arrefriar e poñer un pouquiño de canela en po por enriba.





Suxestións: Pódese engadir as xemas e ao azucre media culler de maizena, espesará máis e máis rápido.

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 45 minutos.

Comentarios