Carne con "frijoles"

Ingredientes:

Frijoles: 500 g de frijoles, 1 cebola grande, un pemento morrón asado, aceite de oliva virxe extra, sal.
Carne: 1kg de carne de tenreira (tapa ou similar),1 cebola grande ,1 lata de tomate triturado grande, medio pemento morrón asado, aceite de oliva virxe extra, sal, pementa negra moída.




Elaboración:


  1. Cocer a carne só con auga.
  2. Cando a carne estea cocida sacala da auga e deixar arrefriar. Reservar a auga de cocción.
  3. Picar a cebola e poñela a pochar nunha tarteira cun pouco de aceite. Cando a cebola estea transparente engadir o pemento cortado. 
  4. Engadir os frijoles, remexer, botar o caldo de cocer a carne e a auga suficiente para que os frijoles queden con dous dedos de auga por enriba.
  5. Subir o lume ata que comecen a ferver, despois baixar o lume e deixar facer lentamente. Remexer de cando en vez.
  6. Cando os frijoles estean feitos engadir o sal.
  7. Unha vez que a carne estea fría desfacela separando as febras.
  8. Picar a cebola e poñela a pochar nunha tarteira cun pouco de aceite .
  9. Cando a cebola estea feita engadir o pemento cortado en anacos, deixar que se faga un pouco.
  10. Engadir a carne, remexer, engadir o tomate, o sal, a pementa. Deixar facer a lume suave.
  11. Facer un arroz branco para acompañar.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 2 horas e media.

Comentarios