Caldo vexetal

Ingredientes:

300 g de cabaza, 2 cenorias, 1 allo porro, 4 patacas medianas, medio repolo pequeno, 2 litros de auga, sal, pementa branca moída, cúrcuma.


Elaboración:


  1. Picar o allo porro moi finiño e cortar o resto das verduras en anacos ao gusto.
  2. Poñer nunha tarteira un pouco de aceite e botar todas as verduras, deixalas facer uns cinco minutos.
  3. Engadir a auga e deixar fervendo unha media hora.
  4. Engadir o sal a pementa e a cúrcuma ao gusto.

Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 1 hora.

Comentarios