Bacallau con fabas

Ingredientes:

750 g de fabas, 1 cabeza de allo, 200 ml de viño branco, 200 ml de viño Fino, 200 ml de aceite virxe extra, 5 chalotas, un sobre de azafrán en po, 500 g de bacallau desalgado, un pouco de perexil picado.



Elaboración:

  1. Cocer as fabas só con auga e a cabeza de allo enteira. Seguir a receita cando asa fabas estean case cocidas.
  2. Picar as chalotas e poñelas a pochar nunha tixola cun pouco de aceite.
  3. Engadir  á tixola o azafrán, o perexil picado, dous dentes de allo dos cocidos coas fabas, os dous vasos de viño e o vaso de aceite. Deixar cociñar a lume suave.
  4. Cando as fabas estean cocidas quitarlles case toda a auga.
  5. Engadir ás fabas o contido da tixola, remexer e deixar cocendo a lume suave. Remexer de cando en vez para que as fabas espesen un pouquiño.
  6. Cortar os lombos de bacallau en anacos.
  7. Poñer os trozos de bacallau enriba das fabas e deixar ao lume moi suave ata que se fagan.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora e media-


Comentarios