Roliños de lombo de porco con salsa de uvas e chalotas

Ingredientes:

12 filetes de lombo de porco fresco cortados moi finos, 100 g de xamón curado en talladas, 300 g de chalotas, 400 g de uvas, un chorro de brandy e un chorro de nata, sal e pementa.





Elaboración:


  1. Pelar as chalotas e poñelas nunha tarteira cun pouco de aceite a lume medio, cando empezan a coller cor botar unha pingas de auga, deixar facer a lume lento 15 minutos.
  2. Poñer os filetes estendidos nunha táboa, se non son moi finos aplastalos un pouco. 
  3. Poñer enriba de cada filete unha tallada de xamón, enrolar e suxeitar cun modadentes.
  4. Pelar e sacar as sementes das uvas.
  5. Coller 150 g de uvas e pasalos pola batedora. Reservar o líquido.
  6. Poñer os roliños na tarteira coas chalotas deixar que collan cor por todos os lados.
  7. Engadir o líquido obtido das uvas e un chorriño de brandy.
  8. Engadir o resto das uvas e deixar facer todo uns minutos.
  9. No último momento engadir un chorriño de nata.
  10. Rectificar de sal se fose necesario.




Recollida de "Directo al paladar".

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 50 minutos.

Comentarios