Piña con crema catalá

Ingredientes:

Dous toros de piña natural por persoa, 500 g de leite, 75 g de azucre, 25 g de maizena, 4 xemas, a pel de medio limón, canela en rama.


Elaboración:

  1. Reservar un vaso de leite e poñer o resto a ferver coa pel de limón e a canela.
  2. Nun bol poñer as xemas e mesturar co azucre.
  3. No vaso de leite reservado disolver a maizena e logo engadir ás xemas con azucre, mesturar ben.
  4. Cando o leite comece a ferver botalo, pasándoo polo coador, enriba das xemas, remexendo sen parar co batedor de man.
  5. Poñer a mestura outra vez no cazo e quentar suavemente sen deixar de remexer co batedor de man ata que espese e reservar. Non ten que chegar a ferver, porque entón pode cortarse.
  6. Cortar os toros de piña quitando o carozo.
  7. Poñer nunha tixola un pouco de manteiga e azucre moreno.
  8. Poñer a piña na tixola e sacar cando colla cor.
  9. Poñer dous anacos de piña no prato e botar por enriba a crema catalá.
  10. Botar un pouco de azucre e acaramelar con soprete.


Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 45 minutos.


Comentarios