Mediasnoites sen glute

Ingredientes:

150 g le leite, 50 g de auga, 1 ovo , media culleriña de sal, 1 culleriña de azucre, 275 g de fariña sen glute (Special Line, El corte Inglés), 1 sobre de lévedo de Maizena, 30 g de manteiga.




Elaboración:


  1. Poñer nun recipiente apto para o microondas o leite, a auga, o ovo batido, a manteiga, e o sal. Meter no micoondas e quentar un pouco pero non pasar de 30ºC.
  2. Poñer no bol da amasadora os demais ingredientes, engadir os líquidos mornos e amasar durante 8 minutos aproximadamente.
  3. Poñer sobre a bandexa do forno unha lámina de silicona.
  4. Como a  masa é moi branda facer os boliños con dúas culleres, como se foran croquetas grandes.
  5. Deixar repousar 30 minutos no forno acendido a 50ºC e tapados cun pano húmido.
  6. Sacar do forno e pintar con unha xema de ovo mesturada cun pouco de leite.
  7. Meter no forno a 180ºC durante 30 minutos.




Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 20 minutos máis 30 minutos de repouso.

Comentarios