Ingredientes:
- Para a escuma de tetilla: 250 g de nata, 200 g de tetilla, 50 g de leite.
- Para as filloas: 1 ovo, 50 g de fariña sen glute (Adpan), 75 g de leite, 60 g de auga, media culleriña de azucre, un pouquiño de manteiga para untar a filloeira.
- Para o puré de marmelo: 100 g de marmelo, 20 g de auga, unha culleriña de augardente tostada.
Elaboración:
- Para a escuma de tetilla:
- Poñer a nata nun cazo ao lume suave, botar o queixo cortado en anacos pequenos, remexer ata que o queixo de desfaga.
- Deixar repousar ata o día seguinte.
- Botar o leite e remexer.
- Coar a mestura, mellor dúas veces, e pasar ao sifón, engadir unha carga de gas, axitar e deixar repousar na neveira.
- Para as filloas:
- Bater o ovo, engadir a fariña e remexer ben, engadir o leite, a auga e o azucre, remexer ben. Se queda algún grumo coar a mestura.
- Poñer ao lume a filloeira, untar cun pouquiño de manteiga.
- Cando a filloeira estea ben quente botar un pouquiño da mestura inclinándoa para que a filloa quede fina.
- Cando os bordos da filloa empezan a coller cor, dar volta deixar unha segundos e pasar a filloa a un prato.
- Repetir ata terminar a mestura.
- Para o puré de marmelo:
- Poñer no vaso da batedora todos os ingredientes. Bater ata ter un puré.
- Pasar a un recipiente apto para o microondas e quentar o puré uns 40 segundos.
Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 1 hora + máis o repouso da escuma.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión