Empanada de millo e vieiras sen glute

Ingredientes (para un molde de 28 cm ):

Para a masa: 600 g de fariña milla, 200 g de fariña sen glute (Beiker), 10 g de lévedo seco, 300 g de auga, 120 g de viño branco, 1 ovo, 150 g de aceite de oliva virxe extra, 10 g de sal. Un pouco de leite e unha xema de ovo para pintar.
Para o recheo: 6 cebolas medianas, 1 kg de carne de vieiras, 6 pemento do "piquillo", 1 sobre de azafrán, sal, aceite de oliva virxe extra.





Elaboración:

A masa:

  1. Poñer 150 g de auga nun vaso e quentala un pouco, que non pase de 30ºC, engadir o lévedo e deixar repousar ata que teña escuma.
  2. No bol da amasadora poñer as dúas fariñas, o sal, o viño, os outros 150 g de auga e o ovo, comezar a amasar.
  3. Engadir o lévedo e seguir amasando.
  4. Terminar de amasar coas mans.
  5. Facer unha bóla coa masa e deixala nun recipiente tapada cun pano húmido e morno. Para manexar a masa untar as mans de aceite e untar tamén o recipiente onde vai repousar. 
  6. Deixar que repouse unha hora ao lado da cociña mentres se fai o recheo.
  7. Dividir a masa en dous anacos, un un pouco máis grande que o outro.
  8. Poñer o anaco de masa máis grande entre dous papeis de forno e estiralo cun rodete, será a base da empanada.
  9. Unha vez estirada pasala a un molde baixiño, como de quiche. Ten que sobresaír polos bordos.
  10. Estirar da mesma maneira o resto da masa para facer a tapa da empanada.


Recheo:

  1. Pelar e cortar as cebolas en xuliana, pochalas a lume suave, nunha tixola con aceite de oliva.
  2. Cando a cebolas xa estea practicamente feita engadir os pementos cortados en anaquiños. Deixar ao lume suave.
  3. Engadir o azafrán.
  4. Cando a cebola e os pementos estean tenros engadir a carne da vieiras e apagar o lume.


Montaxe:

  1. Poñer o recheo sobre a masa estirada sobre o molde.
  2. Tapar coa outra masa tamén estirada.
  3. Pechar os bordos da empanada.
  4. Marcar un pouco, cun coitelo, os cortes das racións. A empanada de millo é difícil de cortar sen desfacela.
  5. Meter no forno quente, a 180ºC, durante 40 minutos.
  6. Abrir o forno e pintar a superficie da empanada cunha xema de ovo mesturada cun pouco de leite.
  7. Deixar no forno outros 15 minutos.






Dificultade: Alta.

Tempo aproximado: 2 horas.

Comentarios