Empanada* de grelos chourizo e queixo

Ingredientes:

Masa quebrada: 400 g de fariña sen glute (Beiker), 200 ml de aceite de oliva virxe extra, 200 ml de viño branco, unha culleriña de sal. Un ovo para pintar.
Recheo: 200 g de grelos cocidos, 2 chalotas, 50 g de chourizo picado, 50 g de queixo San Simón, aceite de oliva virxe extra.



Elaboración:

Masa

  1. Poñer nun bol todos os ingredientes, amasar ata que a masa forme unha bóla. Reservar.

Recheo:

  1. Picar as chalotas e poñelas nunha tixola cun pouquiño de aceite, cando estean transparentes engadir os anaquiños de chourizo, remexer.
  2. Cando o chourizo comece a facerse engadir os grelos picados, remexer. Rectificar de sal e reservar.

Montaxe:

  1. Acender o forno a 180ºC
  2. Estirar a metade da masa poñer nunha bandexa de forno sobre papel.
  3. Poñer enriba da masa o recheo estendido sen chegar aos bordos.
  4. Estirar a outra metade da masa e poñer enriba do recheo.
  5. Pechar os bordos, pintar cun ovo batido e botar o queixo relado por enriba.
  6. Meter no forno durante 30 minutos.


*Realmente non é a típica empanada, xa que a masa é masa quebrada.

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 45 minutos

Comentarios