Biscoito de cabaza e noces

Ingredientes:

260 g de fariña (Adpan), 250 g de cabaza,100 g de noces, 12 g de lévedo químico, 200 g de aceite de xirasol, 120 g de azucre, 60 g de azucre invertido, 50 g de azucre muscovado, 4 ovos, media culleriña de canela, unha pizca noz moscada, e un cravo en po.




Elaboración:


  1. Acender o forno a 180ºC.
  2. Poñer na batedora os ovos e o azucre normal, bater ata que a mestura estea branca e dobre o volume.
  3. Engadir o azucre muscovado e o azucre invertido.
  4. Engadir o aceite.
  5. Poñer no microondas durante 6 minutos á máxima potencia, a cabaza pelada e cortada en anacos.
  6. Cando a cabaza estea cocida facer un puré coa batedora de man, reservar.
  7. Mesturar a fariña, o lévedo, a noz moscad,a o cravo, a canela e as noces picadas.
  8. Engadir a mestura anterior aos ovos co azucre remexendo suavemente.
  9. Engadir o puré de cabaza.
  10. Pasar a masa a un molde de silicona desmontable.
  11. Adornar cunhas noces enteiras.
  12. Meter no forno durante 45 minutos.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora e 15 minutos.

Comentarios