Ingredientes (para catro persoas):
4 lombos de xurelos grandes, 6 patacas medianas, unha cebola grande, aceite de oliva virxe extra, pementa negra moída, sal, perexil, 2 dentes de allo, vinagre de viño.Elaboración:
- Botar sal aos lombos de xurelos e reservar.
- Acender o forno a 150ºC
- Pelar e cortar as patacas como se fora para unha tortilla.
- Pelar e cortar a cebola en aros.
- Nunha fonte, que se poda meter no forno, alternar capas de patacas e cebola, botando sal e pementa en cada capa e un pouquiño de aceite.
- Tapar a fonte con papel de aluminio e meter no forno media hora.
- Cando as patacas e a cebola estean feitas retirar o papel de alumnio e deixalas no forno para que collan unha pouca de cor, uns cinco minutos aproximadamente.
- Para facer o aliño poñer, nunha tixola, cinco culleres sopeiras de aceite e o allo moi picadiño, quentar a lume suave ata que os allos empecen a saltar.
- Retirar a tixola do lume e deixar que arrefríe. Cando o aceite estea frío engadir o perexil moi picadiño e unha culler de vinagre. Reservar.
- Poñer os lombos de xurelo, coa pel cara arriba, nunha fonte para meter no forno. Engadir un pouco de aceite por enriba.
- Meter os xurelos no forno a 150ºC durante 15 minutos. Subir a temperatura a 200ºC e deixalos 5 minutos máis para que collan cor.
- Sacar os xurelos do forno e servir coa guarnición de patacas e cebola. Botar un pouco de aliño por enriba do peixe e da guarnición.
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión