Vieiras a prancha con cítricos

Ingredientes (para catro persoas):

Unha ducia de vieiras pequenas* ou zamburiñas, tres laranxas, unha lima, pementa branca moída, sal Maldon, unhas follas de menta, xantana (ou maizena).


*Tamén pode facerse con vieira grande.

Elaboración:

  1. Relar a pel dunha laranxa e unha lima, reservar.
  2. Cortar unha laranxa ao vivo para sacar os gallos sen pel, reservar.
  3. Picar as follas de menta e reservar.
  4. Obter o zume de dúas laranxas e unha lima.
  5. Poñer o zume da laranxa e da lima nun cazo a ferver, engadir a pel relada. Deixar fervendo ata que reduce un pouco.
  6. Engadir azucre e pementa branca ao gusto.
  7. Engadir a xantana, ou un pouquiño de maizena, para que a salsa colla algo de corpo.
  8. Pasar as vieiras pola prancha ben quente.
  9. Servir as vieiras poñendo enriba de cada unha un pouquiño de sal Maldon, un pouquiño da salsa de cítricos, uns anacos de laranxa e un pouquiño de menta picada.


Dificultade: Fácil. 
Tempo aproximado: 30 minutos.


Comentarios