Tortiñas de trigo sarraceno e sésamo

Ingredientes (saen unhas 12):

2 ovos, unha culler de aceite de oliva virxe extra, 100 g de fariña sen glute (Adpan), 100 g de fariña de trigo sarraceno, 150 g de leite, 125 g de auga, 8 g de lévedo químico, 30 g de sésamo, un pouquiño de sal.



Elaboración:

  1. Mesturar as fariñas o sésamo e o lévedo.
  2. Bater os ovos e engadir o aceite e o sal.
  3. Mesturar a fariña cos ovos.
  4. Quentar unha tixola, de 13 cm de diámetro, untada de manteiga.
  5. Botar na tixola quente a masa suficiente para facer unha tortiña de menos de un cm de espesor. Se a tixola é grande botar a cantidade de masa necesaria para que as tortiñas teñan aproximadamente o mesmo tamaño que na tixola pequena.
  6. Cando na superficie da tortiña empecen a formarse burbullas dáselle a volta e déixase facer uns segundos. Sacar da tixola.
  7. Repetir a operación anterior ata rematar a masa.
  8. Poden tomarse como substituto do pan.




Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 40 minutos.

Comentarios