Torta de lacón con grelos

Ingredientes:

300 g de lacón, 4 ovos, 150 g de nata, 200 g de grelos cocidos, media culleriña de pemento doce da Vera, sal.


Elaboración:

  1. Poñer en remollo o lacón 24 horas antes e gardalo na neveira.
  2. Cocer o lacón ata que estea practicamente feito, mellor que aínda lle falte un pouco, pero que se poida separar do óso e que se corte ben.
  3. Se tes que cocer os grelos poñelos en auga fría e cando empecen a ferver cambiar a auga, repetir este proceso tres veces, na última auga engadir o sal, así os grelos perderán o sabor amargo.
  4. Limpar e cortar o lacón en anacos pequenos.
  5. Cortar os grelos cocidos.
  6. Acender o forno a 180ºC.
  7. Bater os ovos, engadir a nata, os anacos de lacón e os de grelos, remexer.
  8. Engadir o pemento doce. Se o lacón e os grelos non están salgados engadir un pouco de sal.
  9. Botar a mestura nun molde de silicona, se é un molde metálico untalo de manteiga.
  10. Sacalo do forno despois de 20 minutos.

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: Unha vez cocidos o lacón e os grelos 30 minutos.


Comentarios