Scones de queixo e piñóns

Ingredientes:

180 g de fariña sen glute (Adpan), 8 g de lévedo seco en pó, 45 g de manteiga á temperatura ambiente, 3 g de azucre, 5 g de sal, herbas aromáticas secas (albahaca, tomiño, romeu…), 30 g de queixo parmesano recen relado, 1 dente de allo, 30 g piñóns, 90 g de auga aproximadamente.



Elaboración:

  1. Poñer nun bol a fariña, a manteiga o sal e o azucre, os piñóns, o queixo e o allo relados e mesturar coas mans.
  2. Ir engadindo pouco a pouco a auga, ata ter unha masa que se despegue das paredes do bol.
  3. Estirar a masa, botando un pouco de aceite sobre a superficie de traballo, ata un grosor de 1 cm aproximadamente.
  4. Cortar os scones cun cortapastas e poñelos sobre papel de forno nunha fonte.
  5. Deixar repousar 25 minutos e mentres acender o forno a 200ºC.
  6. Poñer os scones no forno durante 15 ou 20 minutos.
  7. Deixar arrefriar sobre un enreixado.

Receita recollida en Gastronomía y cía, adaptada sen glute.

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora e 15 minutos.

Comentarios