"Pizza" de polenta e verduras

Ingredientes(para molde de 28 cm):


100 g de polenta, 500 g de auga, 50 g de xamón picado, un dente de allo, 250 g de cabaciña pelada e cortada en dados, un tomate mediano, pelado e cortado en dados, pementa negra moída, 100 g de queixo parmesano relado, ourego, aceite de oliva virxe extra, sal.



Elaboración:

  1. Acender o forno a 180ºC
  2. Poñer nunha tixola un pouco de aceite e sofritir o xamón e o dente de allo.
  3. Poñer a auga a ferver.
  4. Cando a auga estea fervendo botar pouco a pouco a polenta sen deixar de remexer. Unha vez engadida toda a polenta botarlle o xamón e o aceite, pero non o allo, e remexer.
  5. Botar un pouco de pementa moída e ourego a polenta, probar e rectificar de sal.
  6. Estender unha capa fina de polenta no fondo dun molde desmontable de 28 cm de diámetro.     
  7. Distribuir os anacos de tomate e cabaciña por enriba da polenta, botar un pouco de sal e ourego.
  8. Meter na parte baixa do forno durante 40 minutos.
  9. Abrir o forno e espolvorear co queixo relado
  10. Deixar no forno ata que o queixo estea fundido e un pouquiño tostado.
  11. Sacar do forno e servir quente.




Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora.

Comentarios