Paspallás en escabeche

Ingredientes:

5 paspallás, 4 cenorias, 12 chalotas, 6 dentes de allo, 3 porros, unha culler grande de pementa negra en gran, 10 cravos, dúas follas de loureiro, 200 g de aceite de oliva virxe extra, 350 g de viño branco, 100 g de vinagre de viño branco.

Elaboración:

  1. Salgar os paspallás, reservar.
  2. Pelar as chalotas,os dentes de allo, as cenorias e limpar os porros, cortar todo en anacos de 4 cm aproximadamente.
  3. Poñer nunha tarteira todos os ingredientes agás os paspallás. Poñer a tarteira a lume suave.
  4. Mentres se van facendo as verduras, poñer unha tixola ao lume cun pouco de aceite, pasar os paspallás por fariña e cando o aceite estea moi quente dourar as aves polos dous lados, sen que cheguen a facerse. Reservar.
  5. Cando as verduras empezan a facerse engadir á tarteira os paspallás e deixar fervendo suavemente, ata que as verduras estean feitas de todo.
  6. Deixar arrefriar e gardar na neveira, consumir despois de 24 horas.




Dificultade: Fácil. 
Tempo aproximado: 1 hora e 20 minutos.

Comentarios