Mexillóns con tomate e arroz

Ingredientes:

2 kg de mexillóns, unha lata de tomate triturado de 500 g, dúas cebolas medianas, medio vaso de viño branco, perexil, 200 g de arroz bomba, dous dentes de allo, pementa negra moída, aceite de oliva virxe extra e sal.




Elaboración:

  1. Poñer nunha tarteira os mexillóns ao lume suave ata que abran.
  2. Poñer nunha tarteira as cebolas cortadas en xuliana cun pouco de aceite e facer ao lume suave ata que estean tranparentes.
  3. Cando a cebola estea transparente engadir o viño branco, a pementa e o perexil picado, deixar evaporar o viño e engadir o tomate triturado. Deixar ferver a lume lento durante 30 minutos.
  4. Cando os mexillóns estean abertos retirar a tarteira do lume e deixar enfriar. Coar a auga que soltaron os mexillóns e reservar para aproveitala para facer o arroz.
  5. Sacar os mexillóns das cunchas quitándolles as barbas, reservar.
  6. Engadir os mexillóns á salsa de tomate, probar e rectificar de sal. Deixar a salsa cos mexillóns ao lume moi suave.
  7. Poñer nunha tarteira os dentes de allo con aceite ao lume suave. Cando os allos empecen a saltar engadir o arroz e remexer.
  8. Engadir a auga de cocer os mexillóns e un pouco máis se é necesario, deixar cocer.
  9. Probar o arroz cando estea cocido e rectificar de sal.
  10. Servir os mexillóns e o arroz branco.


Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 1 hora

Comentarios