Gominolas de cabaza

Ingredientes:

400 g de cabaza, 50 g de azucre + 15 g de pectina, 300 g de azucre, 75 g de glicosa, 75 g de azucre invertido, 8 g de ácido cítrico.


Elaboración:

  1. Cortar a cabaza pelada en tacos, cocela no microondas durante 6 minutos á máxima potencia.
  2. Cando a cabaza estea cocida triturala coa batedora.
  3. Poñer o puré de cabaza nun cazo e engadir o azucre + pectina. Quentar ata que ferva.
  4. Cando estea fervendo engadir o azucre aos poucos para que non baixe moito a temperatura. Remexer continuamente.
  5. Engadir a glicosa e o azucre invertido. Remexer.
  6. Deixar quentar ata 107ºC.
  7. Parar a ebulición e engadir o ácido cítrico remexendo ben para que se disolva.
  8. Botar a mestura en moldes pequenos*. Deixar arrefriar e sacar as gominolas dos moldes.
  9. Rebozar as gominolas en azucre.


*Ou nun molde grande e despois cortar en anacos pequenos.

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora.

Comentarios