Galletas de xenxibre e canela

Ingredientes:

150 g de fariña sen glute (Adpan), 35 g de azucre moscovado, 30 g de azucre invertido, 1g de canela en po, 1 g de xenxibre en po, 1g de sal, 30 g de manteiga pomada, 24 g de auga, 1 g de lévedo químico.





Elaboración:

  1. Mesturar a fariña o azucre, a canela, o xenxibre, o lévedo, e o sal.
  2. Engadir a manteiga e a auga. 
  3. Amasar coas mans ata facer un bóla.
  4. Envolver en plástico de cociña e deixar repousar na neveira dúas horas.
  5. Acender o forno a 180ºC.
  6. Estirar a masa entre dous plásticos ata que teña un grosor de 5 mm. 
  7. Cortar cun cortapastas e poñer nunha bandexa de forno sobre papel.
  8. Meter no forno uns 15 minutos, vixiar que non se queimen.
  9. Subir a bandexa e acender o grill dous minutos máis que douren un pouco.


Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 20 minutos máis dúas horas de repouso.

Comentarios