Flan de mandarinas

Ingredientes:

4 mandarinas, 3 ovos, 300 g de nata, 125 g de azucre, 6 culleres de azucre moreno, un pouquiño de auga e unhas gotas de zume de limón.






Elaboración:

  1. Poñer nunha tixola as culleres de azucre moreno cunha pouca de auga para facer o caramelo e unhas gotas de zume de limón.
  2. O caramelo estará feito cando ao botar unha pinga nun vaso con auga fría se forma unha boliña.
  3. Relar a pel de dúas mandarinas e mesturar co azucre.
  4. Acender o forno a 180ºC, poñer nunha das bandexas auga quente para facer o flan ao "baño María".
  5. Espremer as catro mandarinas.
  6. Bater os ovos e engadir o zume de mandarina, o azucre coa pel relada e a nata. Mesturar ben.
  7. Botar o caramelo no molde, movelo para distribuír ben o caramelo polo fondo e os laterais do molde.
  8. Cando o caramelo xa estea un pouco frío engadir a mestura de ovos e demais ingredientes.
  9. Meter o molde no forno e deixalo 40 minutos polo menos, comprobar que está callado antes de sacar.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 45 minutos.

Comentarios