Fabas con berberechos

Ingredientes:

350 g de fabas, dúas latas de berberechos ao natural en conserva, 4 dentes de allo, auga, perexil, azafrán, aceite de oliva virxe extra e sal.



Elaboración:

  1. Poñer as fabas, cubertas de auga, cos dentes de allo nunha ola exprés e cociñar durante 15 minutos.
  2. Coar os berberechos e reservar a auga da lata.
  3. Abrir a ola exprés e poñer as fabas ao lume baixiño, retirar os dentes de allo.
  4. Nunha tixola poñer un pouco de aceite de oliva, pelar os dentes de allo cocidos e aplastalos na tixola, acender o lume baixiño.
  5. Engadir na tixola os berberechos e remexer.
  6. Engadir o azafrán, o perexil picado e unha pouca da auga das latas, remexer.
  7. Botar sobre as fabas o contido da tixola e remexer, probar e rectificar o sal, deixar ao lume baixiño cinco minutos.


Suxestións: tamén poden facerse con fabas cocidas en conserva.

Dificultade: Facilísima.
Tempo a proximado: 30 minutos.

Comentarios