Croquetas de cabaciña e menta

Ingredientes:

800 g de cabaciña, 80 g de maizena,500 g de leite, 40 g de manteiga, media cebola pequena, 5 follas de menta, sal e pementa negra moída. Para o rebozado: ovos, pan relado sen glute (Adpan),  Crunchy Crumbs*.




*Quedan máis crocantes, pero pode usarse pan relado.

Elaboración:

  1. Poñer nunha tarteira, a lume medio, a manteiga, cando estea fundida engadir a cebola moi picadiña.
  2. Cando a cebola estea transparente engadir a cabaciña relada. Deixar cocer ata que a cabaciña solte a maoir parte da auga.
  3. Engadir a maizena e remexer.
  4. Engadir, aos poucos, o leite, sen parar de remexer.
  5. Engadir o sal e a pementa ao gusto, ter en conta que a cabaciña é doce.
  6. Cando a masa estea ben espesa retirar do lume e pasar a unha fonte. Deixar enfriar e meter na neveira ata que se envolvan.
  7. Para envolvelar: darlles forma, coa man, con dúas culleres, etc, pasar por pan relado, ovo batido e Crunchy Crumbs.
  8. Logo fritir en abundante aceite moi quente.




Dificultade: Media
Tempo aproximado: 30 minutos (máis o tempo do rebozado)



Comentarios