Sopa de tomate

Ingredientes:

2 kg de tomates, dúas pólas de apio, pementa moída, sal, herbas provenzais (ou ourego), aceite de oliva virxe extra, unhas follas de albahaca e piñóns recén tostados.




Elaboración:

  1. Acender o forno a 150ºC.
  2. Cortar os tomates pola metade, colocalos na bandexa do forno, espolvorear con pementa moída, sal, herbas provenzais e aceite. 
  3. Cortar en anacos a póla de apio e repartilos pola bandexa.
  4. Asar os tomates durante 1 hora.
  5. Pasar os tomates asados polo chino.
  6. Poñer a cocer a sopa e engadir os anacos de apio asados Deixar ferver.
  7. Probar e rectificar de sal e pementa e engadir azucre segundo o gusto e acidez dos tomates.
  8. Se a sopa esta moi líquida engadir unha culleriña de maizena disolta nun pouco de sopa quente.
  9. Ao servir engadir albahaca moi picada e piñóns tostados.




Dificultade: Media.
Tempo aproximado:  1 hora e media.




Comentarios