Biscoito de limón con Schweppes

Ingredientes:

3 ovos, 200 g de azucre, 100 g de manteiga en pomada, 250 g de fariña sen glute (Adpan), 140 g de maizena, 125 ml de Schweppes de limón, a pel relada de un limón, 16 g de lévedo químico Adpan.




Elaboración:

  1. Acender o forno a 180ºC
  2. Poñer na batedora os ovos e o azucre. Bater ata que aumente o volume e branqueen.
  3. Engadir a manteiga pouco a pouco, seguir batendo.
  4. Engadir a pel relada de limón e o Schweppes, bater despacio para mesturar.
  5. Engadir a fariña e a continuación a maizena e o lévedo.
  6. Pasar a mestura a un molde de silicona, se non é de silicona untar de manteiga e enfariñar.
  7. Deixar no forno, acendido arriba e abaixo, 50 minutos. Abrir o forno e pinchar o biscoito para saber se esta feito.






Receita recollida en Webosfritos adaptada sen glute.

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1,5 horas.