Torta de allo porro

Ingredientes (para un molde de 28 cm):


Para a base*: 150 g de leite, 50 g de aceite de oliva virxe extra, un ovo mediano, unha culleriña de lévedo panificable, a punta dunha culleriña de gasificante (lévedo químico), 300 g de fariña sen glute.

Para o recheo: 400 g de allo porro picado, 100 g de xamón picado, media culler sopeira de maizena, medio vaso de auga, pementa negra moida, queixo relado.






* Pódese utilizar unha base de pizza xa elaborada.

Elaboración:


Para a base*:
  1. Mesturar o ovo, aceite, leite, lévedo panificable e gasificante,
  2. Engadir a fariña, remexer e ao final amasar coas mans cubertas de aceite para que non se pegue.
  3. Poñer a masa sobre un tapete de silicona, cun pouco de aceite na superficie, estirar cun rodete (tamén con aceite). Tamén pode estirarse entre dous papeis de forno.
  4. Pasar a un molde desmontable, cortar a masa de maneira que só quede cuberto o fondo do molde.
  5. Reservar.
  6. Acender o forno a 180ºC na parte de abaixo
Para o recheo:
  1. Poñer nunha tixola un pouco de aceite a lume suave.
  2. Engadir á tixola o allo porro picado, deixar que se faga a lume lento.
  3. Cando o allo porro xa estea case feito engadir o xamón picado e a pementa negra moída.Remexer.
  4. Engadir a media culler de maizena, remexer e engadir o medio vaso de auga, remexer e deixar facer durante 10 minutos a lume moi suave.
  5. Botar o recheo enriba da masa e distribuír pola superficie. Botar o queixo relado pon enriba.
  6. Meter ao forno 45 minutos.
  7. Acender o grill e deixar 5 minutos máis.

Dificultade: Media (se utilizas unha base de pizza, fácil)
Tempo aproximado: 15 minutos para elaborar a masa, 30 minutos para cociñar o recheo, 50 minutos de forno.


* A masa é unha receita recollida de Cocina fácil "sin gluten", ainda que alí está feita en Thermomix e aquí está feita o meu xeito.

Comentarios