Torta de cenoria

Ingredientes:

Para a base*: 4 ovos, 120 g de azucre, 60 g de maizena.
Para o recheo: 750 g de cenorias, 280 g de azucre, 300 g de coco relado, un pouco de augardente tostada.





*Esta tarta pode facerse utilizando como base bolos de leite (bolos suizos), biscoito comprado ou biscoitos de soletilla.

Elaboración:

Base*:
  1. Acender o forno arriba e abaixo a 180ºC
  2. Separar as claras das xemas, subir a claras da punto de neve forte e reservar.
  3. Bater as xemas e o azucre ata que estean brancas, engadir a maizena aos poucos mesturando ben.
  4. Engadir á mestura das xemas, as claras a punto de neve suavemente para que non baixen.
  5. Forrar con papel de forno unha das bandexas deste.
  6. Estender a masa sobre a bandexa e meter no forno 10 minutos.
  7. Cando estea frío cortar a medida do marco que se utilice (se non tes marco usa un molde desmontable).

* Dependendo do tamaño do marco o do molde podes necesitar máis dunha base

Recheo:
  1. Cocer as cenoiras ata que estean ben cocidas, facer un puré con elas.
  2. Engadir o azucre e o coco ao puré de cenorias.
  3. Engadir un chorro de augardente tostada.


Tarta:
  1. Poñer unha capa de biscoito no marco e cubrila co recheo, repetir. Terminar cunha capa de biscoito.
  2. Gardar unha parte do recheo para cubrir a última capa ao día seguinte.
  3. Meter na neveira poñendo algo de peso enriba e deixar ata o día seguinte.
  4. Cubrir cunha última capa de recheo.
  5. Botar por enriba un pouco de coco relado. Servese fría.





Dificultade: Media, se non fas a base fácil.
Tempo aproximado: Dúas horas, se non fas a base media hora.




Comentarios

Publicar un comentario

Encantaríame saber a túa opinión