Ingredientes:
750 gr de peitugas de polo enteiras, ¼ litro de aceite de oliva, ¼ litro de vinagre de viño branco
(ou de sidra), ¼ litro de caldo de polo, 3 cebolas peladas e partidas pola
metade, 4 cenorias enteiras ( non moi
grandes), 6 clavos, dous en cada metade das
cebolas, 1 cabeza de allo enteira, 1 póla de tomiño ( ou un pouco de
tomiño en po), 1 folla de loureiro, 1 culler sopeira de pementa negra en
gran.
Elaboración:
- Poñer todos os ingredientes nunha pota, primeiro a lume lento e cando colla calor baixar o lume á metade.
- Deixar fervendo dúas horas.
- Cando o apagas metes na batedora un trozo de cebola e un par de cenorias e bátelo ben. Mesturas todo na pota e déixalo repousar 48 horas ( podes comelo antes pero iso é o que di a receita).
Dificultade: Facilísima
Tempo aproximado: 2 hora e 15 minutos
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión