Arroz con langostinos

Ingredientes (para catro persoas):

1/2 kg langostinos, un tomate, un porro, dous dente de allo, unha culleriña de pementa negra en gran, unha cenoria, un pemento verde pequeno, media cebola pequena, 400 g de arroz bomba, perexil, azafrán, un vaso de viño branco Fino, un litro e medio de auga mineral,sal, 20 g de manteiga moi fría, aceite de oliva virxe extra.


Elaboración:

  1. Pelar os langostinos e reservar as cascas.
  2. Nunha tarteira poñer un pouco de aceite de oliva e botar as casca dos langostinos, dar voltas a lume medio, aplastando as cabezas.
  3. Botar na tarteira coas cabezas de langostinos o vaso de viño, deixar ferver uns 5 minutos.
  4. Engadir medio pemento, o porro, un dente de allo, a cenoria, a pementa, o tomate, o azafrán e a auga mineral.
  5. Deixar ferver media hora e reservar.
  6. Poñer nunha tarteira un puco de aceite e sofritir medio pemento, un dente de allo e media cebola, todo moi picado. Despois engadir o perexil tamén moi picado.
  7. Engadir o arroz e remexer.
  8. Engadir un pouco de caldo, coado e quente, ao arroz. Ir engadindo máis caldo a medida que o arroz o vai absorbendo. Se non chega o caldo engadir un pouquiño máis de auga mineral quente.
  9. Cando o arroz estea feito, e caldoso, engadir o sal, probar e rectificar.
  10. Engadir os anaquiños de manteiga e remexer.
  11. Unha vez que a manteiga estea fundida engadir os langostinos e apagar o lume.


Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 1,5 horas,

Comentarios