venres, 24 de agosto de 2012

Ensalada de cabaciña

Ingredientes:

Cabaciña, queixo parmesano, piñóns, aceite de oliva virxe extra, sal, pementa albahaca.



Elaboración:

  1. Cortar a cabaciña moi fina, colocala nun prato e engadir sal, pementa e albahaca moi picadiña.
  2. Relar queixo por enriba.
  3. Tostar os piñons a lume lento e botalos por enriba.
  4. Aliñar cun pouco de aceite.



Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.

Recollida en Gastronomía y cia.